lunes, 19 de diciembre de 2011

BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

O vindeiro mércores día 21 de decembro, entregaremos os BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS da 1ª avaliación dende as 10:15 ata as 13:45.
Indicar que non se entregarán con anterioridade a dita data. Se algunha familia, por calquera motivo, non pode vir a recoller o boletín ese día, poderá recollelo con posterioridade, incluso a volta de vacacións.


Un saúdo e un FELIZ NADAL

O NADAL

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias animou ós titores e ó alumnado a colaborar na decoración de Nadal do Centro con: manualidades, debuxos, árbores, estrelas, nacementos, bonecos de neve, ...

Tamén participaron no concurso de postais de Nadal, proposto polo Equipo de Normalización Lingüística, para escoller aquelas que se encargarán de felicitarnos o Nadal.
Agradecemos a todos e todas a vosa colaboración.




viernes, 11 de noviembre de 2011

AS CASTAÑAS

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias organizou unha exposición de traballos relacionados coa castañas. Participaron todas as titorías da Uceira. O resultado é do máis vistoso. Noraboa a todos os participantes!






viernes, 4 de noviembre de 2011

I EDICIÓN DE: COÑECE O ESPAZO ABALAR

Como xa ben sabedes, o curso pasado o noso centro incorporouse a Rede Abalar. Foron os alumnos e alumnas de 5º os que participaron no Proxecto Abalar. Este curso o proxecto amplíase e xa implica a todo o alumnado do 3º ciclo.


Dende o colexio, solicitouse a participación na primeira edición de "Coñece o Espazo Abalar", unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.


O vindeiro martes, día 15 de novembro, terá lugar unha xornada informativa tanto para pais como para profesores, para fomentar o uso das funcionalidades do Espazo Abalar.


A xornada para o profesorado comezará ás 17:15 horas e a xornada para pais e nais ás 18:15 horas


viernes, 24 de junio de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como remate deste curso 2010-11 no colexio celebrouse o Festival de Fin de curso, cunha participación maioritaria por parte de todo. FELICES VACACIÓNS.



































viernes, 10 de junio de 2011

OS ROMANOS

Os ROMANOS chegaron a Galicia despois dos castrexos, así que os nenos e nenas do primeiro ciclo do edificio Calvo Sotelo analizaron a vida e costumes dos homes e nenos desa época, a través de láminas proporcionadas polas súas titoras.



O traballo final foi o enmarcado de ditas láminas mediante a técnica do mosaico, para o que foron axudados polas súas familias.








jueves, 9 de junio de 2011

OS CASTROS

Os nenos de 1º e 2º do Edificio Calvo Sotelo, estiveron traballando a unidade dos CASTROS , nas súas respectivas aulas. E, como resume de todo o aprendido, construíron, en colaboración coas familias varias maquetas que son dignas dos mellores arquitectos.








jueves, 19 de mayo de 2011

3º E 4º EN MARCELLE

Os nenos e nenas de 3º e 4º do CEIP CALVO SOTELO, realizaron unha excursión a MARCELLE o mércores día 11 de maio










Acompañados polas súas titoras e o seu titor, pasaron un día moi divertido, entre diferentes especies de animais











E como este ano 2011, é o ano internacional dos bosques, trouxeron de regalo, un carballo, fillo dun carballo centenario, para plantar no colexio. Unha actividade encadrada baixo o título



REPOBOEMOS XUNTOS!












viernes, 4 de marzo de 2011

DÍA DO ENTROIDO






















Como remate da semana de entroido, chegou o día principal, en que todos os nenos e nenas viñeron disfrazados coas súas mellores galas.

Todos disfrutaron con ledicia e alboroto, facendo deste, un día cheo de ilusión e colorido. Ata pronto e que siga a festa polas corredoiras do pobo.