jueves, 20 de diciembre de 2012

FESTIVAL DE NADAL

A primeira parte do Festival foi para infantil e 1º ciclo de primaria.
Os nenos e nenas de infantil actuaron con tres cancións: "É Nadal", "Chu-chu-a" e "Aquella estrella de allá"

Os alumnos e alumnas de primeiro curso puxeron en escena dúas actuacións: "Cancións de Miliky" e "É Nadal".
Os de segundo curso actuaron coa panxoliña "Cantade Mociños"
E xa para rematar os nenos e nenas de 2ºC agasalláronnos coa posta en escena dun guiñol, "O abeto e as merliñas" e o teatro "A carapuchiña vermella".


A segunda parte do festival foi para a 2º ciclo de primaria.
Actuaron os nenos e nenas de 3º C co teatro, "Xornada médica", os de 4ºC tamén co teatro "Que dirán!" e todos os de 4º con panxoliñas: "Canción de Nadal" e "Un ano máis".

Moitas grazas a todos e todas, e sobre todo ás mestras e mestres que co seu esforzo, constancia, paciencia e ganas de facer cousas cos nenos e nenas, fan que se disfrute con estas actividades que tanto gustan.
Moi boas festas a todos e todas e que ningún neno nin nena se quede sen o seu agasallo de Nadal.
Ata o día 8 de xaneiro

martes, 18 de diciembre de 2012

VIAXE POLA HISTORIA DO FERROCARRIL

Como indicábamos na anterior entrada, os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron unha visita cultural a Ourense. Outra vez a Rexión se fai eco da noticia no Suplemento do domingo, día 16 de decembro. Esta vez as fotos corresponden a alumnos e alumnas de 6º.






lunes, 10 de diciembre de 2012

VISITA CULTURAL A OURENSE

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria realizaron unha visita cultural a Ourense, o día 4 e 5 de decembro respectivamente.
Visitaron a Colección de Trens Fernández Pacheco, da Deputación Provincial, así como a exposición de pintura que tamén había alí.
Tamén percorreron AS BURGAS E O SEU NOVO ENTORNO TERMAL, e a Exposición Itinerante "Hablemos de drogas", programa de prevención do consumo de drogas, situada na Alameda do Concello, pertencente a Obra Social "La Caixa.

A Rexión fíxose eco da noticia no Suplemento Vida do domingo, día 9 de decembro.