martes, 23 de abril de 2013

Día do Libro


Hoxe 23 de abril todos os alumnos e alumnas celebran o DÍA DO LIBRO, uns lendo, outros coma os de 5º elaborando libros coas súas portadas e lemas que invitan a ler.



jueves, 18 de abril de 2013

Contacontos

Esta semana tivemos no Salón de Actos, unha sesión de Contacontos, organizada pola BIBLIOTECA DO COLE.
O animador foi IAGO LÓPEZ SANTOS.

Para 2º, 3º e 4º foi "Tarzán de Goma"; e para 5º e 6º un Obradoiro sobre Lectura.

Que divertido!


viernes, 12 de abril de 2013

Paus de Choiva

Os nenos e nenas de 4º de primaria elaboraron vistosos Paus de Choiva, na AULA DE MÚSICA, coa súa profesora Cecilia.


miércoles, 10 de abril de 2013

Transporte Escolar

Ante o titular de prensa aparecido na Rexión do mércores día 10 de abril, indicar que non se refire ao Transporte Escolar da Uceira, senón ao transporte que o Concello de O Carballiño pon para as familias madrugadoras. Un transporte que nada ten que ver co CEIP CALVO SOTELO nin coa Consellería de Educación. Depende unicamente do Concello de O Carballiño.