viernes, 22 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Co gallo da celebración da festa popular do Magosto, e a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, cada aula elaborou unha receita de cociña cuxo ingrediente principal foi a castaña.
Velaí o resultado!

Bo proveito!

Os alumnos e alumnas tamén colaboraron con manualidades, debuxos e murais para decorar os corredores e as aulas do centro.



Para rematar festexamos o día comendo castañas asadas e facendo pequenas festas nas aulas.

jueves, 21 de noviembre de 2013

As abellas

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria asistiron a unha charla sobre AS ABELLASUnha actividade complementaria ao currículo de aula, que estaban a traballar a unidade dos animais. O apicultor, Alberto Decabo Álvarez, que é o pai dunha nena de terceiro, tivo a xentileza de acudir ao centro e compartir os detalles máis importantes da vida e costumes destes insectos. 
Ademáis, como remate, todos puideron probar o mel, que el mesmo lles proporcionou.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

A festa do coleccionismo

Este ano, como unha gran novidade, os alumnos e alumnas de 6º A do noso cole, presentaron unha colección de monumentos do mundo baixo o título "Memorias en pedra".
Despois de moito traballo na escola nas horas de Atención Educativa, dirixidos polo seu profesor e por un membro da Sociedade Filatélica Miño, todas as familias quixeron doar a colección á Sociedade Filatélica para que comece un percorrido expositivo que botará a andar o venres día 8.
O Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo será o primeiro centro público que nestes 50 anos ten este xesto, porque o coleccionismo desenvolve uns valores que hai que experimentar, e que son positivos e enriquecen tanto aos que practican como aos que con el se gozan.

José Luis Fernández con los alumnos de Sexto A del centro educativo de A Uceira. (Foto: EDUARDO BANGA)